domingo, 20 de noviembre de 2016

A HORTA EN NOVEMBRO

Fomos á horta a facer varias cousas: A primeira foi arrincar as malas herbas dos cultivos. Outra foi preparar algún minihorto mesturando cómpost con terra para plantar physalis, unha roseira, unha framboeseira e un aguacateiro. Atopamos níscalos no patio, e tamén unhas cabaciñas .
Tamén trituramos cascas de ovos de botámosllas arredor do que temos plantado,para que os caracois e lesmas non nos coman os cultivos. A ver se da resultado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario