viernes, 9 de diciembre de 2016

BOMBÓNS DE CHOCOLATE

Os nenos e nenas de cuarto preparan o Nadal facendo uns bombóns de chocolate. Uns de figos pasos, outros de gominola, e outros son pedras de améndoa, de chocolate negro e branco. Ricos, ricos!!!!!

domingo, 4 de diciembre de 2016

FACEMOS OUTRA TARTA DE .............. MAZÁ!

Os alumnos de 6º de Infantil coa axuda dos alumnos de 1º voltaron a facer outra receta de tarta de mazá. Quedou moi boa!!

PINTANDO RODAS!!

Os alumnos de 5º estiveron pintando unhas rodas donde plantaremos aquelas especies que resultan perxudiciais para as demáis.

domingo, 20 de noviembre de 2016

NÍSCALOS




Atopamos un bo grupo de cogomelos nun recuncho do patio. Son níscalos, son comestibles, e esperaremos a ver se nacen máis para aproveitalos.

A HORTA EN NOVEMBRO

Fomos á horta a facer varias cousas: A primeira foi arrincar as malas herbas dos cultivos. Outra foi preparar algún minihorto mesturando cómpost con terra para plantar physalis, unha roseira, unha framboeseira e un aguacateiro. Atopamos níscalos no patio, e tamén unhas cabaciñas .
Tamén trituramos cascas de ovos de botámosllas arredor do que temos plantado,para que os caracois e lesmas non nos coman os cultivos. A ver se da resultado.

MAGOSTO!!

Para festexar o magosto que mellor que compartir unhas castañas asadas cos nosos compañeiros!! Que aproveite!!

MERENDAS TERRORÍFICAS NO SAMAÍN!!

Con motivo do Samaín, todos nos degustamos os distintos pratos elaborados polos alumnos. Algún daba realmente.... MEDO!!

EXPOSICIÓN DE ALIMENTOS DE OUTONO

Ao longo desta estación podemos ver froitos que non atopamos noutras épocas, tales como as setas, castañas, millo,.... Os alumnos puideron disfrutar uns días desta exposición.

COCIÑAMOS NÍSCALOS

MÁIS DA HORTA.

SUSHI E ENSALADA DE ALGAS

KEFIR

O CARBALLO CON BOTAS

HOXE TOCA..... TARTA DE MAZÁ!

Sendo a tempadada mazá, que mellor que animarse a facer unha tarta con elas. Os nenos de Educación infantil animáronse e aquí está o resultado.

Facemos.... zume de uva

Atópamonos na tempada de recolleita de uva, polo que os nenos de infantil axudados polas titoras decidiron facer un pouquiño de zume.

Plantación de Outubro. Comezamos!!

Nestes primeiros días de escola, tamén comezamos a traballar no horto. Gracias a colaboración dos pais a terra estaba preparada para traballar. Así, os nenos plantaron coliflor, brócoli,… e mesmo algún bulbo. Agora toca esperar…!! A ver se temos sorte e nace todo!!

viernes, 18 de noviembre de 2016

A horta despois do verán

O primeiro será ver como está esta horta despois dun verán no que non choveu nada.
Fixádevos como está

BENVID@S AO BLOG

Benvidos e benvidas a este sitio, no que vos iremos amosando o que facemos no colexio no marco do proxecto Da horta á mesa.