miércoles, 3 de mayo de 2017

Regando os de catro anos

E agora escribimos sobre os alimentos

Non solo plantamos e cociñamos, senón que tamén escribimos sobre os alimentos. Cada curso creou un conto, poesía ou adiviña sobre os mesmos. Agora podemos velos expostos nun panel, pero próximamente faremos un pequeno libro.

miércoles, 19 de abril de 2017

TÓCALLE AOS PEQUERRECHOS

Pois sí, tócalle aos de catro anos e aos de primeiro nivel.
Os de Infantil sementaron cabaciñas, remolacha e cabaza. E os de Primeiro remataron o traballo regando o sementado. Esta temporada non choveu e faille moita falta.


domingo, 2 de abril de 2017

HORTA DE PRIMAVERA

A aventura está no mar

Esta semana tivemos un obradoiro todo o alumnado desde os máis pequerrechos ata os máis grandes, para que coñezamos a importancia de comer peixe. Aquí temos as fotos do obradoiro dos maiores.

E despois de todo o que aprendemos, ben está facer algunha receita de peixe.

Receitas de peixe from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

O noso patacal e xardín.

Agromaron as patacas, e tamén algunhas flores da primavera


martes, 28 de marzo de 2017

Traballamos cos sentidos!! O tacto!!

Nestra primeira actividade de traballar cos sentidos os nenos debían identificar algúns alimentos unicamente a través do tacto. Resultou unha experiencia moi divertida e interesante!!

domingo, 5 de marzo de 2017

Experimento con aguacate!

Os alumnos de 6º de E.I. e 1º de E.P. coa axuda das mestras queren comprobar que tan intelixente e o aguacate para chegar a auga. Así que realizaron o seguinte experimento. Colleron unha semente de aguacate e cravaronlle catro escarvadentes para logo colocalo encima dun vaso de auga, pero sen tocala. Agora toca esperar a ver se sae a raíz!! Continuará....

Torradas de ovo!

Aínda que xa rematara o entroido os alumnos de 6º de Infantil e 1º quixeron facer unhas torradas!! Non quedou unha!!

Biscoito!!

Novamente, os alumnos de E.I. fixeron un biscoito. Quen sabe se deste taller sairá algún gran reposteiro!!

martes, 21 de febrero de 2017

GASTRONOMÍA E INTERCULTURALIDADE

Este curso chegaron ao noso cole Lluc e Óscar, dous cataláns. Con eles aprendemos algo máis da súa cultura e aproveitamos para degustar butifarra branca e negra, un embutido da súa terra.

Pizza!!

Aproveitando a visita a unha panadería, os nenos de infantil, trouxeron un anaquiño de masa. Que mellor idea que facer unha pizza con ela.

Galletas

Que rico doce!!

lunes, 13 de febrero de 2017

miércoles, 18 de enero de 2017

Carballos!!

Antes de irnos de vacacións de Nadal, os nenos de tres anos plantaron uns carballos.

Pizza!!

Non todo ía ser dulce, así que os nenos de 6º de E.P. decidiron probar con algo salado... e que mellor que unha pizza!!

.... e outro biscoito!

Os nenos de 4º E.I. e de 3º de E.P. tamén participaron nas merendas de Nadal e agasallaronnos con outro biscoito.